A letra do reino
Equipo

Miguel García Fernández

Experto

Ricardo Pichel

Experto

Distrito Xermar

Equipo gráfico

Miguel García-Fernández
Licenciado en Historia (2011), coas especialidades de Historia Medieval e Historia Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela, onde, así mesmo, cursou un mestrado en Estudios Medievales Europeos (2012). Actualmente traballa no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC, sendo tamén colaborador externo do Instituto da Lingua Galega (USC) e secretario editorial de Murguía. Revista Galega de Historia. A súa principal liña de investigación céntrase na historia social das mulleres durante a Idade Media, ampliando os seus intereses ao estudo, edición e divulgación do patrimonio documental galego. Dentro da plataforma de edición documental “Escritorio Galego-Portugués Antigo”, é coordinador do proxecto “Corpus testamentario de Galicia” (CORTESGAL) e codirector do “Corpus rexio e rexinal da Galicia medieval” (CORREGAM), xunto a Diana Pelaz e Ricardo Pichel.

Máis información en: https://miguelgarciafernandez.weebly.com/cv-acadeacutemico.html

Ricardo Pichel
Doutor en Filoloxía Galega (2013) pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente profesor e investigador da Universidade de Alcalá (UAH), e colaborador externo do Instituto da Lingua Galega (USC) e do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid, onde é secretario de Madrygal. Revista de Estudos Galegos. Entre as súas liñas de investigación destaca, por un lado, a edición dixital de fontes arquivísticas hispánicas, e por outro, a edición e estudo histórico-filolóxico da prosa literaria galego-portuguesa e castelá en época medieval. É membro de varias redes de investigación, como a Rede Internacional CHARTA ou PhiloBilon, e dirixe na UAH o proxecto “HERES. Patrimonio textual ibérico e novohispano. Recuperación e memoria”.

Máis información en: https://uah-es.academia.edu/RicardoPichel

Dándolle forma a tipografía:

Aizea Cordón, Úrsula Prego, e Alberte Sánchez

Coordina o proxecto: Distrito Xermar (estudio creativo)